O prazo de matrícula para as escolas infantís ábrese este venres
Nova importante para as familias que teñan fillos menores de tres anos.
Mañá ábrese o prazo de matrícula para o próximo curso nas escolas infantís, tanto públicas como concertadas.
Dende a Consellería de Política Social lembran que o prazo para presentar as solicitudes remata o 29 de maio.
A Xunta recomenda facer estes trámites de forma telemática a través da súa sede electrónica.
Este será o primeiro ano en que se aplicará a gratuidade para segundos fillos e sucesivos, e nas sete grandes cidades polo menos unha escola pública ampliará o seu horario ata as oito da tarde.
A conselleira de Política Social defende a apertura do prazo de matrícula para as escolas infantís.
Fabiola García asegura que as familias merecen poder organizarse, malia que o Goberno central aínda non fixou uns criterios claros sobre os prazos e os criterios de reapertura de estes centros.