CRTVG

Buscar

O PP pídelle ao Goberno que investigue o caso Morodo

Publicado o 23/01/2020 14:28

O Partido Popular leva ao Congreso o caso Morodo, en que se investiga o ex-embaixador de Zapatero en Venezuela por presuntos cobros de comisións ilegais.

A Fiscalía Anticorrupción sostén que Raúl Morodo e o seu fillo recibiron 35 millóns de euros do réxime de Hugo Chávez, entre 2005 e 2007, que logo desviaron a través dunha trama societaria en Suíza e Panamá.

O PP remitiulle á Mesa do Congreso unha pregunta para que o Executivo explique se está investigando esta trama.

Noticias web

23/01/2020