O PP pide no Congreso a reprobación de Pablo Iglesias polos seus ataques á Coroa
Publicado o 14/10/2020 15:44
No Congreso debátese unha moción do PP en que pide a reprobación de Pablo Iglesias polos seus ataques ao Rei.
É unha moción en defensa do estado de dereito, en defensa da orde constitucional, que pide a reprobación do vicepresidente segundo do Goberno como principal instigador dos ataques á Coroa e aos xuíces.
Reclaman, ademais, o cesamento do ministro de Consumo, Alberto Garzón, que acusou a monarquía de manobrar contra o Goberno.
O Partido Popular pide poñer fin a estes ataques, que considera unha conspiración contra a Coroa e os xuíces.
Máis sobre Política
03/03/2021 19:35