CRTVG

Buscar

O PP pide explicacións no Congreso sobre as viaxes de Sánchéz

Publicado o 03/01/2019 15:08

O PP solicitou a comparecencia no Congreso da vicepresidenta do Goberno para que dea explicacións sobre as viaxes de Pedro Sánchez Os populares denuncian opacidade e falta de rigor sobre este tema. A súa petición ten lugar despois de que o Goberno cifrara en 282 euros o custo da visita de Sánchez a Castelló, aclarando que só podían cuantificar a parte de protocolo. Sánchez fixo esa viaxe en xullo no avión oficial para reunirse co presidente valenciano e asistiu tamén ao Festival de Benicássim.

Pablo Casado, presidente do PP: "O que esiximos é transparencia, explicacións e sobre todo que á hora de contestar non se tome o pelo á xente dicindo que o custo efectivo é de 200 euros. É mellor non contestar ou dicir que non che da a gana de contestar pero non tomarlle o pelo á xente que sabe canto custa un billete de avión comercial. E un billete de avión privado non o sabe, pero pode imaxinalo".






 

Noticias web

03/01/2019

Máis sobre actualidade