CRTVG

Buscar

O PP fala de derrota histórica e o Goberno di que non hai plan B para o financiamento dos concellos

Publicado o 10/09/2020 18:49

O de hoxe foi o primeiro decreto do Goberno rexeitado no que vai de lexislatura. Pablo Casado, presidente do PP, falou de "derrota histórica o que mostra é un grave problema de debilidade dentro do Goberno e de arrogancia e incompetencia á hora de chegar a acordos con outras formacións politicas e con outras institucións, como se viu agora con concellos e deputacións" A ministra de Facenda, María Jesús Montero, advertiulle á oposición que non presentará un plan B para que os concellos poidan usar os seus cartos: "Cando un vota, un non pode dicir 'eu voto e agora que me traian outra cousa, eu digo que non ao que se me propón pero agora o Goberno ten a obriga de traer outro decreto'. Non. A responsabilidade dun grupo político no Congreso dos Deputados, se non comparte a iniciativa lexislativa que trae o Goberno, é presentar unha alternativa".

 

Noticias web

10/09/2020