CRTVG

Buscar

O PP de Pontevedra pide unha comisión de investigación sobre contratos municipais do BNG

Publicado o 11/02/2021 14:14

En Pontevedra, o Partido Popular pide unha comisión de investigación sobre os contratos que o Concello adxudicou, segundo denuncian os populares, a familiares, amigos e cargos do BNG.

O voceiro municipal e presidente do PP de Pontevedra, Rafael Dominguez, di que "estes contratos que subscribiu o alcalde co grupo musical do seu irmán, co grupo musical do compañeiro da voceira municipal, co grupo musical do concelleiro de Urbanismo, con fundacións como Galiza Nova ou Galiza Sempre, o que temos que facer é crear unha investigación no pleno do Concello de Pontevedra para que os pontevedreses saibamos que é o que se fai cos seus cartos".

 

Noticias web

11/02/2021