CRTVG

Buscar

O PP acata a sentenza sobre a Gürtel, pero di que Sánchez chegou á presidencia de "maneira inxusta"

Publicado o 14/10/2020 19:42

O Partido Popular acata a sentenza pero acusa a Pedro Sánchez de chegar á presidencia a través dunha moción de censura inxusta. Para Unidas Podemos, a sentenza evidencia que o PP actuou como "unha trama mafiosa". E o ministro de Xustiza di que este ditame lle provoca unha "insistente preocupación".

"Respecto ás decisións xudiciais, acatamento, e non entro a valorar as sentenzas ainda que sexan firmes. O único que vou dicir é que a preocupación é insistente, non é bo ler esas cousas. Prodúceme preocupación como ministro de Xustiza e como cidadán", di Juan Carlos Campo, ministro de Xustiza.

"O Partido Popular, máis que unha organización ao servizo da xente, do interés xeral, parece unha trama mafiosa, e creo que esta sentenza ratifica iso. Nin os seus xuíces amigos puideron tapar a sentenza", asegura Jaume Asens de Unidas Podemos.

"Acatar a sentenza, por suposto eses feitos son condenables. As responsabiidades están aí, pero desde o punto de vista política deu lugar a un cambio de goberno, a unha moción de censura que se fundamentaba nuns parágrafos que o Tribunal Supremo eliminou. Supoño que a Pedro Sánchez lle será absolutamente indiferente ser presidente do Goberno a través dunha moción de censura que agora se acredita que era inxusta", afirma José Luis Martínez Almeida, portavoz do PP.

Noticias web

14/10/2020