CRTVG

Buscar

O positivo dun alumno, obriga a confinar unha aula nun colexio de Vilagarcía

Publicado o 16/09/2020 22:19
O positivo dun alumno, obriga a confinar unha aula nun colexio de Vilagarcía

O positivo dun alumno do colexio San Francisco Javier de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) obrigou a pechar unha aula, cunha vintena de estudantes e a súa profesora en corentena. Diso informaron a Europa Press fontes municipais, que ratificaron que o centro, concertado, tivo coñecemento do positivo unha vez concluída a xornada escolar deste mércores. A aula afectada corresponde a 6º de Primaria e o centro, seguindo os protocolos, procederá á desinfección.

Máis sobre Vilagarcía de Arousa