CRTVG

Buscar

O porto exterior da Coruña acolle o quimiqueiro que estivo á valga catro días

Publicado o 28/11/2020 20:01
O porto exterior da Coruña acolle o quimiqueiro que estivo á valga catro días

O buque quimiqueiro Sucran C entrou este mediodía no porto exterior da punta Lagosteira na Coruña, na costa de Arteixo, escoltado por outros dous remolcadores da empresa que contratou o seu armador e cun práctico a bordo. O mercante, sen máquina e cargado de etanol e aceite base estivo catro días á valga a 26 millas ao noroeste do cabo Ortegal. Tivo un incendio o luns que lle afectou á propulsora, problema que lle impedía navegar.

Partiu de Riga e o seu destino era Gebze en Turquía. Salvamento ofreceulle axuda, que a navieira e o seu capitán rexeitaron. Contratou dúas empresas españolas e unha rusa e Salvamento inspeccionou en todo momento a manobra, ata a chegada a porto. Agora entrará en reparación.

Máis sobre Arteixo