CRTVG

Buscar

O Porto de Vigo manterá pechado o paseo de madeira das Avenidas

Publicado o 30/04/2019 15:41

Á espera do resultado definitivo da análise dos materiais que se recolleron na zona, o Porto decidiu deixar os valados que pechan o acceso a todo o paseo de madeira das Avenidas. O informe final da peritaxe terano dentro dun mes, pero decidiron xa ante a posibilidade de que haxa fallos estruturais e sobre todo pola necesidade de garantir a seguridade nos festivais que se celebran na zona en verán, o SeaFest e o Marisquiño.

Os organizadores son conscientes de que todos os focos van estar postos na zona e ninguén quere que se repita o acontecido o ano pasado durante a celebración do Marisquiño.

Noticias web

30/04/2019