CRTVG

Buscar

O porto de Vigo inicia contactos con Adif para dotar a terminal Bouzas de conexión ferroviaria

Publicado o 11/03/2019 15:49

Contactos encamiñados a construír entre todas as partes un porto de Vigo máis competitivo. A terminal Ro-Ro de Bouzas é unha das máis punteiras de España no que se refire a tráfico de vehículos, de xeito especial pola presenza de Citroën na cidade. Porén a ausencia de conexión ferroviaria convértese nun límite para seguir crecendo. En paralelo, a aposta pola saída sur é prioritaria

A Autoridade Portuaria solicitou a ADIF un estudo informativo como paso imprescindible para facer realidade a conexión ferroviaria que urxen os fabricantes de automóbiles para captar novos tráficos internacionais e dar saída a máis unidades dende o porto vigués.

Noticias web

11/03/2019