O Porto abre un autocine para ver os partidos de fútbol
Publicado o 28/05/2020 21:38
Trátase dun autocine, pero no que emitirán partidos de fútbol, xa que nos vindeiros meses non estarán permitidos os encontros con público.
A idea vén do propio alcalde da cidade, Rui Moreira. Os seareiros virán ata unha explanada nas aforas do Porto, preto do Parque da Cidade, onde se fan os festivais de música. Nunha pantalla xigante emitirase o encontro rodeados do resto de seguidores, creando un ambiente de festa e parecido a un estadio.
A intención é facer a estrea desta iniciativa cun partido por todo o alto no día máis importante desta cidade do Porto, o San Xoán. Será un amigable entre o Fútbol Club Porto e O Boavista F. C. A idea xa espertou a curiosidade doutras cidades europeas.
Máis sobre actualidade
27/02/2021 22:29
27/02/2021 22:18
27/02/2021 21:50