CRTVG

Buscar

O poeta español Francisco Brines, premio Cervantes 2020

Publicado o 16/11/2020 19:44

O poeta español Francisco Brines foi galardoado este luns co Premio Cervantes 2020, o máximo recoñecemento das letras en español, segundo anunciou o ministro de Cultura e Deportes, José Manuel Rodríguez Uribes.

A resolución deste premio, dotado con 125.000 euros, fíxose pública nunha conferencia de prensa tras a deliberación do xurado, algúns de cuxos membros tiveron que participar telematicamente pola pandemia do coronavirus.

O Premio de Literatura en Lingua Castelá Miguel de Cervantes, creado en 1975, recoñece a traxectoria dun escritor que co conxunto da súa obra contribuíse a enriquecer o legado literario hispano. E neste caso recaeu nun "gran poeta" cuxo "maxisterio foi recoñecido por todas as xeracións". 

Noticias web

16/11/2020