CRTVG

Buscar

O poder xudicial continúa molesto polas declaracións de Pablo Iglesias sobre a xustiza

Publicado o 16/01/2020 14:42

O poder xudicial continúa molesto por unhas declaracións do vicepresidente Pablo Iglesias en que afirmou que "moitos tribunais europeos quitaron a razón aos nosos xuíces e iso é unha humillación para o Estado español".

O Consello Xeral do Poder Xudicial pediulle publicamente ao vicepresidente "moderación, prudencia e mesura", e que non utilice politicamente a xustiza. Unhas críticas ás que se suma o PP. Para Pablo Casado, presidente do PP, "Pablo Iglesias ten que entender que xa non é un tertuliano. O vicepresidente non pode falar neses térmos da integridade xurisdicional da xustiza española. O máis grave é que Pedro Sánchez o avalou"

Ese aval do que fala Casado chegou en forma de comunicado dende Moncloa. O Goberno defende a liberdade de expresión e pide a renovación do órgano reitor dos xuíces. Para o novo ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, "o verdadeiramente importante é o desexa e a necesidade de reforzar e modernizar a nosa xustiza. Só se pode facer dunha maneira, póñase como se poña quen queira poñerse, coa cohesión de esforzos".

A polémica chega xusto cando o Consello Xeral do Poder Xudicial examina a proposta de nomear fiscala xeral do Estado a ex-ministra de Xustiza Dolores Delgado, quen precisamente hoxe renunciou ao seu escano no Congreso. O Goberno insiste en que é idónea a pesar das críticas da oposición. O informe dos xuíces coñecerase esta tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020