CRTVG

Buscar

O Poder Xudicial avala a Dolores Delgado como fiscala xeral do Estado moi dividido

Publicado o 16/01/2020 19:05

O resultado da votación dá idea da fractura que causou no Consello Xeral do Poder Xudicial a proposta de Dolores Delgado como fiscala xeral. 12 vocais votaron a favor, sete en contra. E incluso entre os que votaron que si hai un grupo que quixo deixar constancia da súa discrepancia.

Os membros do Consello votaron a proposta que levou ao pleno o seu presidente, Carlos Lesmes, que se limita a constatar que Dolores Delgado cumpre cos requisitos esixidos para o posto. Eliminouse dela o párrafo en que se valoraba se era ademais a persoa idónea, como se fixo cos seus catro predecesores.

O informe do Consello Xeral do Poder Xudicial é preceptivo pero non é vinculante, non deterrmina a decisión final. Desde o Goberno séguena avalando.

Juan Carlos Campo, ministro de Xustiza: "É unha candidata perfecta para ese posto, e ademais merecedora del".

Para o Partido Popular, Delgado non pode ser fiscala xeral.

Pablo Casado, presidente do PP: "É unha persoa que foi reprobada tres veces, que deu mitins do PSOE ata hai un mes, e unha persoa á que se lle gravou dentro dunha organización policial dedicada á extorsión de políticos e xornalistas".

A ex-ministra de Xustiza renunciou este xoves á súa acta de deputada.

Noticias web

16/01/2020