CRTVG

Buscar

O poceiro de Totalán afirma que tapou o burato cunha pedra de 15 kg e terra

Publicado o 12/03/2019 18:46

En contra do declarado polo dono da leira de Totalán, o poceiro que perforou o pozo en que caeu o pequeno Julen asegurou en sede xudicial que tapou a boca do burato cunha pedra de 15 quilos e terra.

Antonio Sánchez, que non quixo facer declaracións á entrada aos xulgados, asegurou que o dono da leira lle dixo que tiña permiso para facer a obra e que despois da perforación alguén manipulou o pozo.

Tamén como testemuñas declararon o profesional que abriu xunto ao pozo unha gabia para construír un muro de contención e o axudante do poceiro, quen diante da Garda Civil dixo que non viu como o seu xefe selou o pozo, pero que este lle dixo que si o fixera.

Mañá prestarán declaración diante da xuíza que investiga a morte do pequeno Julen os gardas civís que formaron parte do equipo de rescate.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019