CRTVG

Buscar

O pleno do Parlamento catalán aproba recorrer a retirada da acta a Torra

Publicado o 05/02/2020 16:57
O pleno do Parlamento catalán aproba recorrer a retirada da acta a Torra

O pleno do Parlament aprobou recorrer ante o Tribunal Supremo a retirada da acta de deputado autonómico ao presidente da Generalitat, Quim Torra, que no último pleno xa non puido votar, en cumprimento da orde que deu neste sentido a Xunta Electoral Central (XEC).

A decisión saíu adiante grazas aos votos de JxCat, ERC, comúns e CUP. O PSC abstívose e Ciudadanos e PPC votaron en contra.

A Mesa do parlamento catalán xa presentou un recurso sobre o mesmo tema o pasado 16 de febreiro, pero o Supremo respondeu ao cabo duns días que debía ser o pleno quen ordenase a súa interposición.