CRTVG

Buscar

O pleno do Concello da Coruña urxe o Goberno a licitar a conexión ferroviaria co porto exterior

Publicado o 03/03/2021 16:24
O pleno do Concello da Coruña urxe o Goberno a licitar a conexión ferroviaria co porto exterior

O pleno do Concello da Coruña reclama de xeito unánime ao Goberno central que licite, de inmediato, as obras do acceso ferroviario ao porto exterior. E ademais pon prazo. Deberá ser antes do próximo mes de xuño para darlles confianza aos investidores interesados en instalarse en Lagosteira.

A sesión plenaria foi convocada a instancias do Partido Popular, despois de que a Secretaría de Infraestruturas vinculara esta obra á obtención de fondos europeos.

Noticias web

03/03/2021