CRTVG

Buscar

O planeta supera os 25 millóns de contaxiados e os 850.000 falecidos pola covid-19

Publicado o 31/08/2020 16:26

Con máscaras obrigatorias nos transportes públicos, pero xa nas rúas. Nova Zelandia levanta o confinamento da súa cidade máis poboada, Auckland. Un novo éxito nun país en que só morreron 22 persoas pola pandemia.

Na China levan 15 días sen ningún contaxio local. Son boas novas, mais escasas.

No mundo, o número de infectados xa superou os 25 millóns, seis deles nos Estados Unidos, onde a apertura dos campus empeora a situación. Na universidade de Alabama detectáronse 1.200 casos. A de Dayton tivo que volver a pechar. Os sindicatos culpan o Goberno.

No Reino Unido, que sumou 1.700 casos novos, temen que a apertura das súas universidades supoña novos incremento. Así, clausuraban na fin de semana un espectáculo de danza.

En París o concello vai facer test gratuítos en tres laboratorios fixos e outros dous que percorrerán a capital de Francia, un país que onte contabilizou 5.500 novos contaxios.

En Bogotá volven gozar da música, pero con distancia. Acaban de saír do confinamento. Mentres, na faixa de Gaza permanece deserta por un novo gromo.

A pandemia xa causou 850.000 mortos en todo o planeta.

Noticias web

31/08/2020