CRTVG

Buscar

Un 'alien', unha especie mariña que vive noutro ser vivo, na praia de Samil

Publicado o 14/02/2019 17:07

A ría de Vigo volveu ser o escenario perfecto para a aparición de especies mariñas ben singulares. Moi poucos a recoñeceriamos polo seu nome científico, fronima sedentaria, pero o certo é que este anfípodo de apenas tres centímetros xa foi bautizado como alien. Apareceu no areal de Samil e o seu comportamento foi o que inspirou a Ridley Scott para recrear esas criaturas da gran pantalla. A súa peculiaridade, utilizar o corpo doutro ser vivo para sobrevivir.

Salvo os expertos, moi poucos a recoñeceriamos polo seu nome científico. Chámase Phronima sedentaria, unha especie de pulga de mar que apareceu no areal de Samil.

O máis espectacular deste anfípodo mariño é o seu comportamento, o que inspirou ao director Ridley Scott na gran pantalla. O porqué, esta especie sobrevive no corpo doutro ser vivo.

Tras varios días de estudo no CSIC en Vigo, este anfípode foi devolto ao mar. Para os científicos é un regalo oceánico, para outros, unha nova fonte de inspiración para unha nova entrega de Alien. Xulguen vostedes mesmos se hai parecido entre ambos protagonistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019