CRTVG

Buscar

O PIB da China cae por primeira vez en corenta anos, un 6,8 por cento

Publicado o 17/04/2020 10:21
O PIB da China cae por primeira vez en corenta anos, un 6,8 por cento

É a primeira contracción do PIB da China desse 1976. O Produto Interior Bruto do xigante asiático caeu un 6,8 por cento no primeiro trimestre do ano; un dato económico que confirma os fortes efectos causados pola crise do coronavirus na economía chinesa, segundo as informacións da Oficina Nacional de Estatística (ONE).

Esta baixada do 6,8 do PIB empeora as previsións realizadas polos analistas e mostran tamén que no mes de marzo, cando a pandemia comezou a remitir, a economía chinesa seguiu estando baixo fortes presións.