CRTVG

Buscar

O pesqueiro francés Carla permanecerá dez días en corentena en Burela

Publicado o 17/04/2020 20:28

O capitán do pesqueiro francés amarrado en Burela pide permiso para faenar en mar aberto mentres seguen confinados. Sanidade Exterior, que asumiu o control do barco, ditaminou que deben permanecer dez días máis en corentena por precaución, a pesar de que os 16 tripulantes xa deron negativo por COVID-19 no último test. O Carla leva amarrado ao porto de Burela dende o luns pasado, cando un dos seus tripulantes deu positivo nunha proba do coronavirus.


 

Noticias web

17/04/2020