CRTVG

Buscar

O pesqueiro 'Carla' parte esta mañá do porto de Burela

Publicado o 29/04/2020 09:46
O pesqueiro 'Carla' parte esta mañá do porto de Burela

O pesqueiro francés Carla partirá esta mañá do porto de Burela, onde estivo amarrado durante o últimos quince días coa súa tripulación confinada no barco por mor da corentena imposta polas autoridades despois de que un dos dezaseis integrantes dera positivo nun test de coronavirus.

Fontes da Capitanía marítima de Burela confirmaron que a tripulación do barco solicitou saída para primeira hora desta mañá tras recibir o resultado das probas de anticorpos PCR a que foron sometidos todos os mariñeiros que descartaron contaxios.

Ante eses resultados, o departamento de Sanidade Exterior, dependente do Ministerio de Sanidade, deu permiso á tripulación do barco para partir.

Con ese informe positivo, a Capitanía de Burela autorizou a saída do barco, que se producirá esta mesma mañá despois de que os tripulantes permaneceran confinados no seu interior desde o pasado día 13 de abril.

Máis sobre Burela