CRTVG

Buscar

O Pescados Rubén perde ante o Levante (4-2)

Publicado o 11/11/2020 16:41

E derrota do Burela Pescados Rubén na casa do Levante, o líder. Líder invicto e imparable. Dirixido polo lucense Diego Rios. Seis de seis. E dous partidos menos. Ao descanso o Levante, que viña de superar un proceso grupal de coronavirus e vinte días sen competir, gañaba por tres-cero.

Catro-dous sería o resultado definitivo. Quintela e Pitero marcaron os goles do conxunto da Mariña luguesa que sae tras a derrota dos oitos primeiros lugares.

Noticias web

11/11/2020