CRTVG

Buscar

O permiso de paternidade esténdese ás 12 semanas a partir de hoxe

Publicado o 01/01/2020 14:38

O permiso de paternidade esténdese a 12 semanas a partir deste 1 de xaneiro. Co obxectivo de animar os homes a tomar esta licenza, retribúense ao 100% e non son transferibles: se o pai non a goza, non lla pode pasar á nai. Un dato que pode resultar curioso é que xa se conceden máis permisos por paternidade que por maternidade. Desfrutaron da licenza por nacemento dos fillos 150 mil pais e 120 mil nais. Segundo os sindicatos, a explicación está en que os homes teñen maiores índices de emprego e ocupación cas mulleres.

Noticias web

01/01/2020