O pequeno comercio de Vigo adhirese á plataforma DBarrio para vender por Internet
Publicado o 14/04/2020 14:33
En menos de 20 minutos, esta froitería da rúa Zamora en Vigo recibiu catro pedidos. Os clientes realizárono a través da plataforma DBarrio, creada por Pablo Sánchez.
Na actualidade xa son máis de 150 establecementos os que integran a plataforma Dbarrio e hai lista de espera. Todo son vantaxes, para comerciantes e clientes. En menos dunha hora tés o pedido na casa.
Froiterías, peixerías, restaurantes e librerías son só algúns dos negocios que forman parte da plataforma.
Os comerciantes, cunha pequena parte dos seus benefcios, elixe o proxecto social que prefire favorecer con cada compra que o cliente fai.