CRTVG

Buscar

O peche de Asturias repercute na economía dos concellos galegos limítrofes

Publicado o 28/10/2020 14:11

O peche de Asturias supón un duro golpe para o comercio de Ribadeo.

"O 50 ou 60 por cento das vendas do comercio de Ribadeo proceden do cliente asturiano", explica Carmen Cruzado, vogal de ACISA. 

Mesmo houbo desabastecemento nalgunhas tendas, polas compras masivas nas últimas horas.

"Moitísima xente do occidente asturiano veu para facer as últimas compras, non sabemos se dos próximos quince días ou máis tempo", explica Fernando Suárez, alcalde de Ribadeo.

Tamén a hostalería se ve afectada pola limitación decretada por Asturias, tal e como explica o responsable dun bar e dun hotel, Roberto Rivas, quen asegura que moitas das reservas da ponte festiva foron canceladas.

Ao outro lado do río Eo, queixas ante o peche. 

Asturias é unha das comunidades en que preocupa a presión asistencial, con máis do 14 por cento das camas de hospital destinadas a pacientes covid-19 e as UCI ocupadas ao 20 por cento.

Noticias web

28/10/2020