CRTVG

Buscar

O peche do túnel de Folgoso en sentido Ourense obriga a un desvío de 12 km

Publicado o 28/01/2021 14:25

Uns 30.000 vehículos diarios percorren este tramo da autovía das Rías Baixas. Na situación de semiconfinamento actual, é menor a densidade do tráfico obrigado a tomar o desvío do alto de Fontefría para salvar o túnel de Folgoso. Pero para quen non ten máis remedio que circular, a viaxe entre Vigo e Ourense leva uns 20 minutos máis por unha estrada de máis perigosidade que a autovía.

O incendio dun camión que transportaba coches, o pasado luns, afectou a estrutura do paso. Desde entón, continúa pechado e sen data de reparación nin de reapertura.

Noticias web

28/01/2021