CRTVG

Buscar

O PDeCat cre que hai marxe para negociar os presupostos xerais do Estado

Publicado o 07/01/2019 21:02

Os partidos independentistas cataláns mateñen o seu non aos presupostos xerais do estado que o Goberno debería presentar este mes de xaneiro. Con todo, o PdeCat cre que hai marxe para negociar. Aínda non decidiron se presentarán emendas á totalidade ou se permitirán que as contas inicien cando menos o trámite parlamentario. O PSC advirte que lle perderían o respecto ao Govern se tomban unhas contas que, na súa opinión, beneficiarán as catalás.

Ciudadanos e PP teñen practicamente acordada a estrutura do novo goberno da Junta de Andalucía, só lles quedarían pequenos flocos. Juanma Moreno sería o presidente e Juan Marín o vicepresidente. Os populares xestionarían, ademais, Facenda, Sanidade, Agricultura, Administracións Públicas. E Ciudadanos asumiría as competencias de Economía, Emprego, Educación, Igualdade e Rexeneración Democrática.

Pero este acordo de goberno só se materializará co apoio dos doce deputados de Vox. E o tempo bótase enriba. O xoves, a presidenta do Parlamento andaluz inicia a rolda de consultas e cada grupo debe propor un candidato. Os socialistas insisten en que Susana Díaz está lexitimada para presentarse á investidura porque foi a lista máis votada. Así, o PP, carga a presión sobre Vox.

Vox convidou á reunión deste martes a Ciudadanos, pero o partido de Rivera non ten previsto ir. O seu secretario xeral insiste en que non vai cambiar unha coma do acordo co PP para contentar a Vox. Villegas asegura que a formación de extrema dereita terá que decidir entre o goberno do cambio ou o bloqueo da situación.







 

Noticias web

07/01/2019