CRTVG

Buscar

O paro baixou en 77.000 persoas na eurozona en febreiro

Publicado o 01/04/2019 10:45
O paro baixou en 77.000 persoas na eurozona en febreiro

O desemprego na eurozona descendeu en 77.000 persoas no mes de febreiro con respecto a xaneiro. No conxunto da Unión Europea a caída foi de 102.000 persoas, conforme indica Eurostat, a oficina de estatística comunitaria.

Malia as baixadas, a taxa de desemprego permaneceu estable no segundo mes de 2019 fronte ao primeiro, tanto nos 19 países que comparten a moeda única como nos vinte e oito da Unión Europea.