CRTVG

Buscar

Galicia pecha o segundo trimestre con 13.600 persoas desempregadas menos

Publicado o 25/07/2019 18:40

Galicia rexistra a menor taxa de paro dende 2008, situándose no 11,33%. É a terceira comunidade en que máis baixa o desemprego no último ano. O paro descendeu en 123.600 persoas en toda España.

Galicia pecha o segundo trimestre con menos paro e máis emprego. 13.600 persoas desempregadas menos e unha taxa do 11,33% do paro sitúan a nosa comunidade tres puntos por baixo da media estatal. Hai 140.400 desempregados.

Galicia suma 23.000 ocupados máis no último ano, e aumenta o traballo indefinido o un e medio por cento.

Segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre. O paro baixou en 123.600 persoas en toda España e a taxa de desemprego queda no 14%, con 3.230.600 parados.

E destaca o dato de ocupados en toda España. Hai máis de 19 millóns 800.000 traballadores, unhas cifras de emprego que non se acadaban dende 2008.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/07/2019