CRTVG

Buscar

O paro baixa en 33.200 persoas en Galicia en 2018 e créanse 32.300 empregos

Publicado o 29/01/2019 10:40
O paro baixa en 33.200 persoas en Galicia en 2018 e créanse 32.300 empregos

O paro baixou en 33.200 persoas en 2018 en Galicia, o que supón un 18,2 % menos ca en 2017, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE). Deste xeito, Galicia pecha o ano cun total de 148.900 desempregados, mentres a taxa de paro baixa ata o 12 %, 2,7 puntos menos ca un ano antes (cando estaba no 14,7 %).

En canto á ocupación, diminuíu en variación trimestral (8.400 ocupados menos, -0,4 puntos), pero terminou o exercicio cun incremento en 32.300 persoas respecto a 2017 (+3,1 %), ata 1.088.100. 



Noticias web

29/01/2019