CRTVG

Buscar

O Parlamento vasco lembra a Gregorio Ordóñez

Publicado o 06/02/2020 12:55

O Parlamento vasco homenaxeou esta mañá a Gregorio Ordóñez, o político do PP asasinado pola ETA en 1995.

Mentres no exterior e nas pantallas do hemiciclo aparecía a súa imaxe, os parlamentarios, de pé nos seus escanos, gardaron un minuto de silencio antes de comenzar o pleno.

Desde 2014, o Parlamento vasco homenaxea cada ano a un dos catro deputados asasinados en atentados terroristas.

Noticias web

06/02/2020

Máis sobre actualidade