CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Parlamento de Galicia tamén se sumou á celebración deste día

Publicado o 08/03/2018 14:40
O Parlamento de Galicia tamén se sumou á celebración deste día. Fíxoo cunha concentración de cinco minutos encabezada polo presidente da Cámara galega en que estiveron presentes representantes dos grupos parlamentarios do PSdeG e do PPdeG, traballadores do Parlamento e do Valedor do Pobo. As deputadas do BNG e En Marea secundaron a folga e non participaron nas comisións previstas para hoxe. Os deputados e deputadas do PSdeG pararon a partir das 12 da mañá.