CRTVG

Buscar

Miguel Santalices pide esforzo para forxar acordos na apertura da XI lexislatura

Publicado o 08/09/2020 15:22

O Parlamento de Galicia, constituído o pasado 7 de agosto, está listo para botar a andar a partir de mañá, tras celebrar hoxe a solemne sesión de apertura.

Nela, o presidente do hemiciclo, Miguel Santalices, pediu "dedicar tanto esforzo a forxar acordos como a escenificar diferenzas" porque "iso é o que a cidadanía nos pide a berros, e sería unha irresponsabilidade non escoitar esa demanda reiterada".

Os grupos da oposición, pola súa banda, recolleron a luva tendida por Santalices e ofrécense a traballar ao servizo da xente.

Noticias web

08/09/2020