CRTVG

Buscar

O panettone artesanal, unha alternativa ao roscón de reis

Publicado o 04/01/2019 21:36

Aínda que o domingo van ser milleiros os roscóns que se vendan nas pastelerías galegas, os profesionais lembran que hai outras opcións doces para celebrar o día de reis. O panettone artesanal é unha delas. Chocolate, fariña, masa nai e levaduras producidas íntegramente nos obradoiros xunto cun manexo moi coidado que require darlle a volta varias veces fan deste produto de orixe italiana unha pequena xoia das festas do nadal.

Nesta pastelería de Sarria adican máis de oitenta horas a preparar a masa coa que se fará o panettone. A diferencia cos que se producen de forma industrial salta á vista. Hai que facer a masa e ter moito coidado con mantela pura. e empregar materias primas de primeira calidade así como dedicarlle tempo abondo.

Ademais do panettone, para o día de reis tamén se pode optar por levar á mesa os turróns que sobraron de noiteboa e noitevella ou os bombóns artesanais e o pan de ouro. Eso si, os pasteleiros din que, pasadas as festas, tentarán utilizar menos azucre nas súas creacións para non saturar os clientes.

Noticias web

04/01/2019