CRTVG

Buscar

O pan galego xa conta co recoñecemento de ser unha Indicación Xeográfica Protexida

Publicado o 23/12/2019 16:27

Pan Galego é xa unha nova Indicación Xeográfica Protexida recoñecida desde hoxe pola Comisión Europea.

Trátase dun pan elaborado de forma artesanal, con fariña de trigo branco que leva unha parte de trigo do país.

Baixo esta indicación poderán estar bolos, roscas, tortas e barras. Todos con codia crocante e miolo esponxoso. O pan galego é de sabor intenso a trigo, lixeiramente ácido e moi aromático.

Cando se constitúa o Consello Regular, xa se poderán producir pan galego co selo desta Indicación Xeográfica Protexida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/12/2019