CRTVG

Buscar

O Paluso celebra 25 Noiteboas solidarias en Santiago

Publicado o 24/12/2019 14:37

Son máis de 300 persoas as que sentan á gran mesa baixo a carpa da alameda de Santiago. Unha cea con tortilla e empanada de entrantes, logo mexillóns, lagostinos, navallas, bacallao con coliflor e xamón asado. Unha cea solidaria que cumple 25 anos e que ten como principal obxectivo que ninguén se sinta só nestas datas tan sinaladas.

O mércores tamén se xuntaran outras tantas persoas para a comida de Nadal e incluso durante a mañá haberá chocolate con churros para os que se acheguen por esta carpa.

O Nadal solidario do Paluso chega este ano á sua edición número 25. Unhas 300 persoas van cear esta noite na carpa da alameda de Santiago e outras tantas comerán mañá. A impulsora e organizadora insiste en que non son xantares para pobres, senón xuntanzas de persoas solitarias.

Desde que Chus Iglesias de seu home decidiron organizar ceas de Nadal para persoas solitarias cambiaron algunhas cousas como a localización, o financiamento ou o número de asistentes, pero non mudou o obxectivo. A idea, xurdida despois dunha Noiteboa con ausencias familiares moi dolorosas, segue sendo a solidariedade.

"Cos cartos que gastamos hoxe, canta xente poderiamos convidar que estea soa? E dixemos que nunca máis pasariamos un nadal sós".

"Non é para os pobres, é para os pobres en soidade. Podes estar na casa, coa túa pequena familia e sentir esa cadeira baleira, esa ausencia. Entón vide ao Paluso, que somos de verdade, sen coñecernos, unha gran familia".

"A xente non vén pola comida, vén por pasar o Nadal, o verdadeiro Nadal", di Chus Iglesias, creadora do Nadal Solidario do Paluso.

Os primeiros dez anos servían a cea no seu restaurante, o Paluso, e pagagan eles todo. Ata que non puideron facerse cargo, por culpa da crise. A colaboración de asociacións como O Coro da Ra e institucións como o Concello permitiron seguir adiante ata hoxe. Para Chus e a súa familia, non hai outro xeito de celebrar o Nadal. Segundo din, crea adicción.

"Ten coidado, se vés este ano, volves, é algo moi especial", asegura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019