CRTVG

Buscar

O País Vasco asumirá a competencia de prisións este ano, e abordará a da Seguridade Social en 2021

Publicado o 20/02/2020 14:46

Os gobernos central e o vasco ultiman o calendario de transferencias pendentes do Estatuto de Gernika. Son unhas trinta competencias, que Pedro Sánchez acordara co PNV hai un ano, e que hoxe debateron en Vitoria a ministra de Política Territorial, o conselleiro de Autogoberno e o lehendakari. Unha das transferencias inminentes será a de prisións: comezará a tramitarse en xuño, xa co novo executivo vasco previsiblemente formado, coa idea de que sexa totalmente efectiva en decembro.

Máis tempo levará o traspaso da xestión económica da Seguridade Social, unha reivindicación histórica do PNV. Dada a súa complexidade, será obxecto dun estudo no segundo semestre do ano próximo, á espera da renovación do Pacto de Toledo. O País Vasco asumirá a xestión das prestacións, e dos medios materiais e humanos. O Estado gasta en Euskadi uns 9.000 millóns de euros anuais, e a pensión media dun xubilado vasco é das máis altas de España, uns 1.200 euros mensuais. O Executivo central asegura que a transferencia non altera o concepto de caixa única da Seguridade Social.

Noticias web

20/02/2020