CRTVG

Buscar

O outono encadea borrascas e van xa 26 días seguidos de chuvia

Publicado o 22/11/2019 14:30

E un, e dous, e tres... E seguimos amoreando días de chuvia seguidos.

"Onte saíu o sol...".

Semella un acontecemento ver o sol este outono. Santiago é un exemplo.

Vai tanto tempo seguido de auga que ao saír o sol xa nos sentimos un cacho noutro mundo. E esquecemos o paraugas.

Pero vai seguir facendo falta o paraugas, e iso que levamos dende finais de outubro en borrascas. E novembro promete seguir este camiño de días húmidos sen descanso 26 días consecutivos, si. Algo moi pouco habitual. Ata os paxaros parecen sorprenderse.

Neste outono invernal, baixo o son da chuvia persistente bailan as árbores e bailan os paraugas, mesmo as persoas.

O vento sorprende cada momento, soprando con forza inesperada que iterrompe charlas.

Levamos un outono que xa é moi significativo, de tanta chuvia seguida. E a ver se non acaba superando aquel do anos 2000-2001, que non escampou ata febreiro.

Noticias web

22/11/2019