CRTVG

Buscar

O Ourense Envialia e o Burela Pescados Rubén loitan polo campionato de liga

Publicado o 26/06/2020 12:46

Despois de tres meses sen poder competir, o Ourense Envialia e o Alcorcón estrearán este venres o triangular polo título de Liga cun partido que se presenta igualado. O torneo será en formato exprés: dous partidos decidirán o campión de liga.

"É o premio ao traballo de toda unha temporada, así que imos con moitísimas ganas e coa maior ilusión que se poida ter. A gozar dentro da pista e a gozar coas compañeiras", di o técnico do Envialia

Coa renuncia do Futsi Atlético Navalcarnero, que gañou os 23 partidos que xogou esta temporada antes do confinamento, iguálanse as forzas. Empezando polas das protagonistas da semifinal deste venres.

"Paréceme que somos dous equipos moi parellos, dous cadros de xogadoras moi similares. Con moita xente nova, algunhas veteranas, con ilusión e sistemas de xogo parecidos: 3-1. Que pasa? Que imos chegar a Málaga e ningún dos dous equipos imos saber como se vai encontrar", engadiu Morenín.

Para o Envialia será determinante frear a Vane Sotelo. A internacional ourensá, campioa de Europa coa selección, é a líder do Alcorcón e con 33 goles na presente temporada é a máis acertada cara á portería rival dos tres equipos que loitarán esta fin de semana polo título de liga.

Noticias web

26/06/2020