CRTVG

Buscar

O oso estraga varias colmeas en Cervantes

Publicado o 05/06/2020 13:06

O oso volve estragar varias colmeas na zona dos Ancares. Nesta ocasión foi na parroquia de Cereixedo, en Cervantes.

Un apicultor, cando foi revisar as colmeas, viu que tres delas estaban envorcadas e cos paneis do mel lambidos. Avisou os axentes forestais, e estes, tras inspeccionar os danos, valoraron que se trataba do ataque dun plantígrado.

Noticias web

05/06/2020