O Obradoiro vólvese adestrar en grupo tras a covid-19
Publicado o 23/01/2021 18:06
Sergio Delpont Multiúsos do Sar (Santiago)
Os últimos en recibir a alta médica foron Robertson, Cerapovic, Álvaro Muños e Laurinas Birutis. O pivote lituano perdeu nove quilos durante a enfermidade, que foi recuperando nestes días. Estas primeiras sesións serán sobre todo para avaliar o estado físico de cada xogador, xa que o grao de afectación da enfermidade foi moi diferente. O equipo tan só ten unha semana para preparar o vindeiro encontro, que será o sábado que vén en Sar ante o Bilbao Basquet. Van ser trinta e tantos días sen competir para afrontar un choque importantísimo ante o penultimo clasificado. O base grego Antonis Korianis vai ser a novidade no cadro santiagués, Tamén se agrda que Pepe Pozas estea en condicións de axudar.
Máis sobre actualidade
03/03/2021 21:33
03/03/2021 21:27