CRTVG

Buscar

O Obradoiro vai recuperando a normalidade

Publicado o 23/01/2021 16:50

 
Os últimos en recibir a alta médica, foron Robertson, Cerapovic, Álvaro Muños e Laurinas Birutis. O pivote lituano perdeu durante a enfermidade nove quilos, que foi recuperando nestes días. Estas primeiras sesións serán sobre todo para avaliar o estado físico de cada xogador, xa que o grao de afectación da enfermidade foi moi diferente. O equipo tan só ten unha semana para preparar o vindeiro encontro, que será o sábado que vén en Sar ante o Bilbao Basquet. Van ser trinta e tantos días sen competir para afrontar un choque importantísimo ante o penultimo clasificado. O base grego Antonis Korianis, vai ser a novidade no cadro santiagués, Tamén se agarda que Pepe Pozas estea en condicións de axudar.

Noticias web

23/01/2021