CRTVG

Buscar

O Obradoiro honra a Kobe e tomba a Manresa a base de triplas (97-83)

Publicado o 01/02/2020 20:06

De inicio o Obradoiro demostrou estar metido no partido cun parcial de 12-2 que atopou resposta en Manresa. A 3 minutos do final do primeiro cuarto conseguía igualar o partido (14-13) pero outro bo arreón dos santiagueses permitíalles rematar o período cun claro 25-16. Outro arreón de Obradoiro (10-3) como presentación do segundo cuarto púxoos con quince puntos de vantaxe. Os de Moncho anotaban de todos os xeitos e Manresa estaba completamente superado na súa defensa (54-32 no descanso). Na segunda metade o Obradoiro xestionou a vantaxe apoiado no seu acerto exterior. Magee estivo especialmente inspirado con 7 triplas, 23 puntos e unha porcentaxe do 63% dende a liña de tres, ben secundado por Brodziansky que asinou un espectacular 5 de 6 dende o perímetro. Obradoiro suma a novena vitoria da temporada e segue a dar pasos adiante para a salvación. 

Noticias web

01/02/2020