CRTVG

Buscar

O Obradoiro soña coa Copa ao acadar a sétima vitoria da temporada ante o Estudiantes

Publicado o 28/12/2019 20:56

 O Obradoiro soña coa Copa ao tempo que vai deixando atrás rivais directos pola permanencia. Ante o Estudiantes saíron frouxos e encaixaron un 0-7 de parcial. Responderon cun 9-0 e o primeiro cuarto rematou con empate a 16. Pero no segundo mellorou a defensa santiaguesa e comezou o recital de Brodziansky, que meteu 10 dos 16 puntos dos seus neses dez minutos. Ao descanso os santiagueses marcharon 8 arriba, 32-24. E esa tónica de acerto cara ao aro e contundencia atrás mantivérona no segundo tempo. De nada serviron os intentos de Avramovic de recortar a diferenza para os colexiais. Ademais, no Obradoiro foron aparacendo máis xogadores para acompañar a Brodziansky na responsabilidade anotadora. O pivote eslovaco rematou con 20 puntos e 6 rebotes. Magee, meteu 15, 13 achegou Kravic máis 6 rexeitamentos, Czerapowicz 9 rebotes, Pozas 9 asistencias.

"Traballou moi ben por iso o cambiei faltando segundos, para que o capitán do equipo levara o recoñecemento da xente", explicou Moncho Fernández.

78-57, contundente vitoria para soñar coa Copa e para coller vantaxe sobre o descenso, vitoria, a cuarta consecutiva no Sar, para medrar en confianza.
 

Noticias web

28/12/2019