CRTVG

Buscar

O Obradoiro pecha o ano cunha malleira a Estudiantes (78-57)

Publicado o 29/12/2019 12:08

Como Pozas non se dá mérito seremos nós e todos os afeccionados quen o fagamos. E iso que está a xogar con molestias. Así o despediu o Sar. Foi o peche a un partido semellante á moza da cámara do bico -uiiii, eu non- remisa no inicio, pero convencida logo.

A Obradoiro lle custou entrar pola intensidade que lle puxo Estudiantes, pero en canto lle tomou a medida, comezou a inclinar o partido. Primeiro grazas á defensa e logo a achega de Brozianski, crucial no segundo cuarto con dez puntos consecutivos pra abrir brecha. 12 arriba ao descanso.

O demais foi ir sumando. Máis accións atrás e máis acerto adiante. Como sería que ata Moncho decidiu sentar.

Brozianski acabou con 20 puntos, con 15 Magee e con 13 Kravic que protagonizou xunto a Pozas a xogada da noite. Así pechou Obradoiro o partido e o ano. 78- 57, 21 de diferenza con Estudiantes. Sétima vitoria da temporada. Cinco vitorias nas últimsa sete tiradas. Na liga, soa con forza o Miudiño... esa canción que fala de Copas, pero de viño.


 

Noticias web

29/12/2019