CRTVG

Buscar

O Obradoiro non descarta a Copa

Publicado o 30/12/2019 16:51

Abastecemento de alimentos para o albergue franciscano de Compostela pola man de 561 abonados do Obra que o fixeron posible por sétimo ano consecutivo. Alimento para o corpo e acción contra a pobreza que coincide nunha semana moi rica en datos positivos para o equipo de Moncho Fernández. Os santiagueses xa miran por riba a cinco equipos na clasificación.

Obradoiro suma sete vitorias e comeza a ter a tiro de pedra o meterse na Copa do Rei reabrindo un debate xa de seu sobre a conveniencia de embarcarse nunha segunda competición.

Vasileiadis agarda incorporporarse de maneira inmediata aos disponibles de Moncho Fernández. Foi operado en outubro da tendinopatía crónica que padece no seu brazo dereito e semella difícil que viaxe a Málaga para xogar este sábado contra Unicaja. A súa volta soa máis para dentro de doce días, contra o Burgos no Sar.

Noticias web

30/12/2019