CRTVG

Buscar

O Obradoiro comeza a ACB cunha vitoria fronte ao Fuenlabrada

Publicado o 21/09/2020 00:10
O Obradoiro comeza a ACB cunha vitoria fronte ao Fuenlabrada

O Obradoiro volveu competir seis meses despois e nun Fontes do Sar baleiro protagonizou un bo partido ofensivo diante do Fuenlabrada, que decidiu nun espectacular último cuarto, cun parcial de 32-13.

101 a 82 foi o marcador final dun encontro que se disputou máis de 24 hoars despois do previsto, por mor dun falso positivo por covid-19 detectado no equipo galego.

Salientou o partidazo de Birutis, que foi ata os 41 puntos de valoración, con 27 puntos e 11 rebotes. Beliauskas, Robertson e Daum foron outros dos destacados.

Noticias web

21/09/2020