CRTVG

Buscar

O Obradoiro cae na casa ante Estudiantes e perde a Pozas por lesión

Publicado o 03/03/2021 21:12

Mala tarde para o Obradoiro no Sar. O equipo santiagués recuperaba o partido adiado por coronavirus ante o Estudiantes, un rival directo, e as cousas non puideron saír peor. O conxunto de Moncho Fernández non deu freado os anotadores madrileños. Especialmente a Avramovic, autor de 33 puntos. Os problemas en defensa e as perdas fixeron que os composteláns fosen por detrás todo o partido. A falta de cinco minutos perdían por 20 puntos. Pero desta volta non baixaron os brazos e nos últimos minutos lograron reducir a desvantaxe ata o 87-91 final. Ademais da derrota, o partido deixa tamén unha nova lesión. Pepe Pozas mancou o xeonllo ao tentar frear unha entrada a canastra e saíu entre bágoas do encontro.

Noticias web

03/03/2021

Máis sobre actualidade